Pangalaica

2020
Pangalaica.jpeg

A pandemia paralizou a actividade cultural. A Xurso Souto pedíronlle que durante uns días escribira un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda. É a escusa que precisa o autor. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.

Autoría