Talvez melancolía (Diario do home imposible)

1999
talvez_melancolia.jpg

XI PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCIA BARROS)
Narrativa (Novela)
"O Purísima, hai oito anos, era un home corpulento. Segue sendo un home corpulento. Ten barba, coma min. E os ollos azuis. Sente por favor. Mamá tamén sentou. Mamá non me permitiu o intento de intentar o intento de falar. Mamá falou. O Neno tivo un problema coa Policía por culpa dunha tal Ana, alumna súa, que o denunciou por abusos; saíu no periódico e todo; o meu Neno é un personaxe. Non cre vostede, señor Purísima, que todos os que saen nos periódicos son personaxes? Prefiro falar co seu fillo, señora. El a penas pode falar, polos nervios. Mamá tiña razón. Eu a penas podía falar. Tremíame a voz, tiña medo de marearme, era incapaz de articular, sen confundirme, a máis simple das palabras: cita, por exemplo. É triste moi triste tristísimo non poder articular a palabra cita cando un acaba de cumprir corenta e dous anos. Despois de coñecer a historia emprazoume de novo. Ao día seguinte. Mamá non podería asistir. Tardei en recoñecer que estaba mal da cabeza”.