Dividido en coirenta cantos, Threnói, ou último libro de poesía de Xavier Seoane, resume nesa expresión latina a desolación pola época que lle está tocando vivir. Con voz profética lanza as súas trenos, de forte carga testemuñal, alertando sobre un mundo en descomposición, onde perigan os logros levantados con gran esforzo desde a antigüidade grecolatina, o Renacemento e a Ilustración ata os movementos e anhelos emancipadores dos dous últimos séculos. Paixón e pensamento, queixume e preocupación pola polis, para levantar acta e formular un vigoroso chamamento ante un soño da razón que non deixou de procrear, entre os seus logros incuestionables, os seus non menos inquietantes pesadelos e monstros.