Sinala o propio autor que nos seus títulos hai animais, tigres, vacas e cabalos como referentes simbólicos e de amuleto iluminador ou protector. En palabras de Román Raña: “Este fermoso e suxerente título dá as claves para ir entendendo o seu contido: os tigres representan a pulsión animal, a paixón, mentres que Fausto representa o afán xermánico de coñecer e dominar o cosmos, de perdurar alén da morte nesa ansia de inmortalidade que leva á condenación”.