Un último destino

2010
un_ultimo_destino.jpg

Regreso para vencer. Golpear a memoria e mirar as árbores como ti miras, papai, como os teus ollos de morto miran este mencer de novembro.

Elisardo Buenaventura regresa durante un mes a Dalmara, a vila dos seus antepasados: o seu pai, un orate desequilibrado por amor, e o seu avó, un filántropo de imaxinación portentosa. Nese territorio ficcional, que acolle o universo literario do autor, Un último destino introduce os lectores nunha atmosfera envolvente, facéndoos sentir seres á marxe da realidade, habitantes dun universo insólito, dun mundo paralelo no que unha tribo de personaxes procuran permanentemente a felicidade.