Associaçom Galega da Língua (AGAL) é un colectivo reintegracionista creado en 1981que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
A AGAL busca a incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional.