O Bloque Nacionalista Galego fúndase en setembro de 1982. A Asemblea fundacional celébrase nos días 25 e 26 de setembro participando nela diversas organizacións e colectivos nacionalistas (AN-PG, UPG, PSG, independentes...)
A fundación prodúcese nun contexto sociopolítico fondamente hostil para o nacionalismo galego sendo o exemplo máis claro a expulsión do Parlamento de Galiza dos deputados da coalición BNPG/PSG en novembro de 1982 pola defensa democrática dos principios que sustentaban o proxecto político nacionalista.