Escolas do Insiño Galego

Mil novecentos vinte e tres (1923 - 1930) Institución

O 15 de agosto de 1923 aparecen publicadas as súas "Bases" no voceiro nacionalista A Nosa Terra, indicando nun dos seus apartados que a financiación correrá por conta dos "Socios Protectores" cunha cuota mínima de dúas pesetas mensuais. Nun recadro titulado "Para os fillos de Galicia" dise:

"Galicia percisa qu-os seus fillos lean i-escriban n-a sua Fala para qu-a sintan; qu-estuden n-a sua Xeografía para qu-a coñezan, e coñecéndoa quéiran-a; que lles digan das grorias d-os seus homes para honral-os; que beban nas fontes da sua Tradición, da sua Cultura e da sua Arte para qu-as continúen sin influenzas alleas e que seipan pol-a sua Historia dos aldraxes e das persecución de que foi vítima".

O propio Casal para a escola de nenos, e Elvira Bao para a escola de nenas, foron os responsábeis. Canto ao alumnado podemos dicir que o formaban fillos, na súa maior parte, de socios da Irmandade. Nestas escolas, alén de ensinar a ler e escribir, inculcábase unha conciencia galeguista, introducindo estudios de Historia de Galiza, Literatura, ou mesmo cantando cancións populares galegas.

Publicacións