Alfar

1920, Revista, A Coruña

Creada na Coruña en 1920, continúa a súa publicación até 1927, ano no que o seu director, Juio J. Casal,  se traslada a Montevideo.

Alfar é unha revista dedicada á literatura e á arte de vangarda, nun sentido moi amplo e estivo en contacto directo con outras revistas e escritores extranxeiros. Nela o galego será unha lingua máis porque o seu obxectivo era a conexión entre as culturas europeas e latinoaericanas, através da vangarda. Entre as colaboracións extranxeiras atopamos traballos de Teixeira de Pascoais, André Breton, Paul Éluard, Cansinos Asséns, etc., como colaboradores galegos podemos citar a Luís Amado Carballo, Vicente Risco, Euxenio Montes e Correa-Calderón, entre outros.