Alma Gallega, subtitulada Órgano radical de las aspiraciones de la Región, apareceu o 6 de xaneiro de 1917 cunha capa en que aparece unha alegoría coa figura de Concepción Arenal. Estaba dirixida por Luís E. Rey. Incluía poesía amatoria, temas da emigración e actividades do Centro Gallego. Publicou poemas de Salvador Rueda e José María Calveiro e traballos de temática diversa de Abdón Rodríguez Santos, Jesús Peynó Piñeiro, Constantino Horta, Alfonso Camín e Juan Joaquín Otero.
A revista foi favorable á acción do Centro Galego, e divulgou as súas actividades. Só saíron uns poucos números.