Foi, en realidade, a primeira empresa editorial minimamente estábel e cun volume considerábel de obras publicadas. Esta editorial coruñesa foi posta en marcha e consolidada por Leandro Carré Alvarellos e Ánxel Casal Gosenxe. De aquí sairá a colección de novela curta "Lar", con 40 títulos, desde novembro de 1924 até xaneiro de 1928. Tamén aquí se van imprentar revistas como Nós e Arquivos, e o propio voceiro nacionalista A Nosa Terra. A partir de 1927 continúa a tarefa en solitario Leandro Carré ao deixar Casal o seu traballo para fundar a editorial Nós. Non é exaxerado afirmar, ao noso ver, que até o funcionamento de Nós, Lar foi a principal vía de saída da produción literaria ensaística da intelectualidade galeguista