A égloga é un tipo de composición que presenta personaxes procedentes do mundo rural, normalmente pastores, que expresan os seus sentimentos amorosos nun ambiente idílico, coñecido co nome de locus amoenus.
Xa por detrás dos montes se escondía
o rubo pai da luz en carro de ouro;
de nubarróns o ceo se cubría,
tendía a noite ao lexos manto mouro,
enterraba o Tesouro
o avaro gardador, medio ás escuras,
e polas espesuras
xa non cantaban ledos paxariños;
as ovellas, balando co os filliños,
pra os curros dos lindeiros se escapaban;
o traballo os paisanos xa deixaban
pra volver xunto ás mais dos seus neniños,
e os barcos preparando
pra o mar mariñeiro iba cantando.