Elexía

Enténdese por elexía un xénero poético dedicado á lamentación fúnebre.

EXEMPLOS

Os coitelos da ausencia espésanseme dentro,
derrúbanme algodóns das nebras despiadadas.
A espida dencelez da camelia e da escuma,
o lábil pensamento e a desmemoria tráxica.

Os espectros empápanse. Fanse melancolías.
Soletran nas mañáns anunciación e gracia.
E arumes e bandeiras polos xistros bulindo.
Engárzanse ós brillantes rocíos entre as sombras
coas veludosas telas de poutas delicadas.