Na lírica trobadoresca designa a última estrofe dunha cantiga, con estrutura propia mais ligada pola rima ás demais cobras e actuando a modo de conclusión.
O voss' amigo foi-s' oje d' aqui
mui triste, amig', assi mi venha ben,
porque non ousou vosco falar ren
e manda-vos esto roguar per mi:
que perça já de vós med' e pavor
e falará vosc', amiga, melhor.O voss' amigo non pode perder
pavor, amiga, se por esto non:
perdõardes-lhi vós de coraçon,
e manda-vos el rogar e dizer
que perça já de vós med' e pavor
e falará vosc', amiga, melhor.Quando s' el foi, chorou muito dos seus
olhos, amiga, se mi venha ben,
porque non ousou vosco falar ren
e manda-vos esto rogar por Deus:
que perça já de vós med' e pavor
e falará vosc', amiga, melhor.Veja-se vosqu' e perderá pavor
que á de vós e est' é o melhor.