Procedemento do plano fónico que consiste no reforzamento do contido semántico dun enunciado mediante a evocación de diversas sensacións a través do valor expresivo dos sons dunha ou máis palabras.
Ista dor! Ista dor! Ista
dor miña!
Berro caído nun couso...
A dor alúmame todo
e ollo a morte no fondo.
NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!O lobo! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca…