Reduplicación

A reduplicación, tamén chamada anadiplose consistente na repetición dunha palabra ou grupo de palabras situadas ao final dun verso ou dunha secuencia sintáctica ao comezo do verso ou da secuencia seguinte.

EXEMPLOS

O plazo era o de sempre, longo

longo, longo.

I endexamais se cumprían as estrelas

i a noite era un val fondo,

un val fondo e neboento, un val fondo.