Figura de omisión consistente no uso dun termo en dúas acepcións simultáneas, polo xeral unha recta e outra figurada, no mesmo contexto. Coñecese tamén cos nomes de antanaclase interna ou zeugma complexo extremo
Un exemplo paradigmático de silepse dentro da literatura galega atópase no poema "Un repoludo gaiteiro", de Rosalía de Castro, no que as palabras 'gaitiña' e 'tocar' adquiren un compoñente sexual implícito, que se advirte máis alá do estrictamente musical:
[...]
-Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de engañar.
[...]
-Non sean elas toliñas:
non veñan ó meu tocar.