Sinalefa

É a fusión entre a terminación vocálica dunha palabra, co inicio tamén vocálico da palabra ou palabras posteriores, para converterse nunha soa sílaba métrica, sempre que poidan pronunciarse nunha soa emisión de voz, de forma fácil e natural

EXEMPLOS

Para afogar a ilusión

o mellor mar é unha bágoa.

¡Chora e esquece, corazón! 

Ádega estaba tan cuca

que daba admiración