Figura que consiste en expresar unha certa idea mediante unha sucesión de termos, sexan palabras ou sintagmas. Tamén se chama enumeración.
Hai situaciós sutís e inefábeis,
cousas, casos, intres,
estados estraños e imprecisos,
ledicias, intuiciós, revelaciós,
sorpresas, medos, escuridades,
sobresaltos e arrepíos
que ningunha palabra é capaz
de dicir ou expresar: só
se poden traducir a lingua
humana se é que se fan:
raiba, silencio, berro, ouveo