Marcos Sánchez Calveiro, coñecido artisticamente como Marcos S. Calveiro, nado en Vilagarcía de Arousa o 13 de outubro de 1968, é un escritor, avogado e hostaleiro galego.
Neto de feirantes e taberneiros, reside en Vigo, onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gañou o premio Lazarillo coa novela xuvenil O pintor do sombreiro de malvas, en 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol con Fontán e en 2017 gañou o premio García Barros con O xardineiro dos ingleses.
OBRA
.- Narrativa
Festina lente, 2008, Xerais. Premio da Crítica de narrativa galega.
Settecento, 2010, Xerais.
Fontán, 2015, Galaxia.
O xardineiro dos ingleses, 2017, Galaxia. Premio García Barros
.- Literatura infanto-xuvenil
Sari, soñador de mares, 2006, Tambre.
Rinocerontes e quimeras, 2006, Tambre.
O carteiro de Bagdad, 2007, Tambre. XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil. Traducido ao castelán en 2007, publicado en Edelvives.
O canto dos peixes, 2008, Edicións S. M. Premio O Barco de Vapor 2008.
O pintor do sombreiro de malvas, 2010. Premio Lazarillo 2009 e premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da AELG. Traducido ao castelán en 2010, publicado en Edelvives.
Centauros do Norte, 2011, Rodeira-Edebé, Premio Raíña Lupa.
Palabras de auga, 2012, Xerais.
Todos somos, 2013, Xerais.
Raro, 2013, Tambre.
As palabras poden matar, 2015, Xerais.
Unha casiña branca, 2015, Xerais.
.- Poesía
Cartas do terceiro día, 2006, Espiral Maior. Premio de poesía Concello de Carral.
.- Ensaio
Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, 2011, Xerais.
.- Obras colectivas
Tres blues e un rap, 2008, Galix-Xunta de Galicia.
Premios
Premio de poesía Concello de Carral no 2006, por Cartas do terceiro día.
Gañador do XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil no 2007, por O carteiro de Bagdad.
Premio da Crítica de narrativa galega no 2008, por Festina lente.
Premio Barco de Vapor no 2008, por O canto dos peixes.
Premio White Ravens no 2008, por O carteiro de Bagdad.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa para adultos no 2008, por Festina lente.
Premio Irmandade do Libro no 2009 ao Mellor Libro Galego do 2008, por Festina lente.
Premio Lazarillo no 2009, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2010, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Raíña Lupa no 2010, por Centauros do Norte.
Premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, por O pintor do sombreiro de malvas.
Mención como finalista do xurado do Premio da Crítica Galicia de Creación literaria no 2011, por O pintor do sombreiro de malvas.
Premio Merlín no 2012, por Palabras de auga.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil no 2012, por Palabras de auga.
Inclusión nas Listas de honra do IBBY no 2013, por Palabras de auga.
Premio Frei Martín Sarmiento á mellor obra de 1º e 2º de Educación Primaria no 2015, por Raro.
Premio Narrativa Breve Repsol no 2015, por Fontán.
Premio García Barros no 2017, por O xardineiro dos ingleses.
Premio Arcebispo Xoán de San Clemente no 2018, por O xardineiro dos ingleses.