Castro, Luísa

Castro Legazpi, Luísa
Foz, 1966
Castro, Luísa

Fixo estudos de Filoloxía Hispánica en Santiago de Compostela, trasladouse a Madrid. Alí colaborou con diversos medios de comunicación e especializouse en Lingüística pola Universidade Complutense. Amplíou os seus estudos en Urbino (Italia). En Nova York, onde se trasladou máis tarde, cursou un máster en guión. Regresou a Barcelona ao rematar.

É autora de media ducia de poemarios, entre os que se contan Los versos del eunuco (Premio Hiperión, 1986) e Los hábitos del artillero (Premio Rey Juan Carlos, 1989), e de novelas e relatos como El somier (1990), Viajes con mi padre (2003), Podría hacerte daño (Premio Torrente Ballester, 2005) e La segunda mujer (Premio Biblioteca Breve, 2006). Escritora en dúas linguas, tanto en galego como en castelán, é colaboradora habitual na prensa de Galicia e Madrid. Nos últimos anos foi directora do Instituto Cervantes de Nápoles e actualmente dirixe o de Bordeos, onde reside.