Castro Pérez, Francisco Xavier

Castro Pérez, Francisco Xavier
Cangas do Morrazo, 1954
Castro Pérez, Francisco Xavier

Xavier Castro Pérez, naceu en Cangas do Morrazo, no ano 1954. Realizou o bacharelato en Vigo e en 1972 comenzou a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela.. Nesta época colabora esporádicamente en diversos diarios e participa en actividades relacionadas co país, dentro do ámbito que rodea á universidade. En 1977, obtén a licenciatura e pasa a exercer a docencia, así como a investigación histórica. En 1982 acada o doutoramento  en Hstoria, coa calificación de sobresaliente Cum Laude, pola Universidade compostelá, cunha tese sobre o galeguismo na encrucillada republicana.  En 1987 adquire a condiión de catedrático da Escola Universitaria de EXB de Ourense. Con experiencias docentes diversas (impartíu aulas da asignatura de Historia de América no Colexio Universitario de Ourense; nos Centros Galegos de Buenos Aires e Montevideo; na Universidade de Rennes, ...  Desprazouse a universidades estranxeiras para ampliar estudos, realizando consultas bibliográficas nas bibliotecas de Rennes e París (1985-1988), e nas universidades norteamericanas de UCLA (Los Ángeles), Berkeley e Nova Iorque (anos 1991-1994), así como a elaboración dun traballo de investigación no Centro Studi Emigrazione de Roma (1991). Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, onde é catedrático de Historia Contemporánea (1995). 

Colaborador en diversas revistas especializadas en Historia e/ou culturais en xeral, así como en xornais diarios, ten pronunciado numerosas conferencias e efectuado abondosas comunicacións en congresos de Historia Contemporánea. Foi, ademais, un dos fundadores do Colectivo de Historia,  Xerminal, especializado na critica historiográfica e que realizou durante varios anos publicacións varias. En 1991, publicou na Editorial Xerais un amplo estudo sobre a historia do movemento obreiro en Vigo, nos anos trinta. En colaboración co profesor Jesús de Juana promove dende 1983 as Xornadas de Historia de Galicia, das que se levan celebrado doce edicións recompiladas en libros. O autor formou parte do equipo de redacción da revista Grial, da que foi subdirector. Realizou traballos de investigación sobre historia social centrados na temática da emigración e a historia da alimentación e da sociabilidade, dirixindo un proxecto de investigación sobre a historia da alimentación en Galicia, Entre as suas principais publicacións destacan os libros: O galeguismo na encrucillada republicana (Deputación de Ourense, 1985), 2 vols.;  A lume manso (Galaxia, 2000). Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX) (Nigra Trea, 2007); A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia (Biblos Clube de Lectores, 2010); ou  A rosa do viño (Galaxia, 2010), entre outros. No ano 2001 publica en Galaxia a edición de Castelao e os galeguistas do interior: cartas e documentos 1943-1954.

Dirixiu varios proxectos de investigación e foi o asesor, en calidade de historiador, das series da TVG , As leis de Celavella e A cociña atlántica. Ten colaborado en varios volumes colectivos, relacionados coa historia de Galicia. Imparte cursos sobre a cultura e cata do viño.