Forcadela, Manuel

Fernández Álvarez, Manuel Santiago
1958
Forcadela, Manuel

Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela, Tomiño, o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1985, é Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e, na actualidade, exerce como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York) e na Universidade Católica do Porto. Colabora habitualmente en revistas e xornais, e é autor de máis dunha trintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario.

AUDIOS
Ars poética

París-Ars poética - Uxía - Océana

Uxía
Obras