Nacín en 1964, en Xinzo de Limia, da quinta de Miguel Induráin. Cursei estudios de Dereito en Santiago, que abandonei no quinto ano, toquei a guitarra nun grupo de rock, vendín ordenadores, fun funcionario do Estado, da Xunta e, por fin, xa cuns cantos aniños para me meter nestas festas, rematei dedicándome á escrita na que teño sido galardoado nuns cantos certames dos que salientaría o Álvaro Cunqueiro, o García Barros, Café Dublín, Torrente Ballester (finalista), Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, Manuel Murguía, Camilo José Cela, Breogán de Contos, Castelao de Narrativa, Casa Galicia en León, Meigas e Trasgos, Vila das Neves ou o Ourense de Contos, entre outros.
[Febreiro, 2002] |