Etapa Medieval
Cantigas de amor. Cantigas de amigo
Clasificación

Fixéronse varios intentos de clasificación das cantigas de amor e a máis universalmente aceptada é a que as divide en dous grupos:

  1. Cantigas en que o trobador se dirixe directamente á dama. Estas están marcadas pola presencia dunha invocación (exordio) : senhor, senhor fremosa, mia senhor... , que normalmente aparece xa nos dous primeiros versos da cantiga.
  2. Cantigas en que o trobador fala da senhor. Nelas o poeta diríxese a unha serie de intermediarios, que poden ser os seus amigos, Deus, o Amor, os ollos da señor... e, na maioría dos casos, a un auditorio indeterminado.

IMAXES