Etapa Medieval
Cantigas de amor. Cantigas de amigo
Estrutura Formal

Igual que as Cantigas de escarnio, formalmente poden ser de meestría ou de refrán.

A maior parte das cantigas de mestría están constituídas por tres ou catro estrofas (cobras) de sete versos (palavras) da máis variada medida, e normalmente acumulan unha serie de artificios propios da poesía trobadoresca. Os máis característicos son os denominados dobre e mozdobre. Ambos os dous están baseados na repetición, e aínda que na Arte de Trovar a súa definición queda bastante clara, na realidade das cantigas sofren moitas variacións e son escasísimos os casos que se axustan á definición teórica. En teoría, o dobre consiste na repetición dunha mesma palabra, no mesmo lugar, en cada unha das estrofas, cambiando a palabra en cada estrofa:

Que de ben mi ora podía fazer
Deus,se quisess' —e non lhi custa ren!—
contar-mi os días que non passei ben
e dar-mi outro[s] tantos a meu prazer
con mía senhor, ca se Deus mi perdón,
os días que viv'om'a seu prazer
     dev'a contar que viv'e outros non.
E mía vida nona devo chamar
vida, mais mort', a que én eu passei
sen mía senhor, ca nunca led'andei
e non foi vida, mais foi gran pesar ;
por én saben quantos no mundo son:
os dias que viv'ome sen pesar
dev'a contar que viv'e outros non.

Sitiais do Coro da Catedral de Santiago de Compostela.


(Joán Airas de Santiago, B 957/V 544)

De todos os xeitos, esta cantiga de Joán Airas é un exemplo único, nas restantes o dobre fica máis diluído e moito menos matemático. E o
mesmo acontece co mozdobre ,que en teoría consiste na repetición dunha palabra nos seus derivados, ao longo de toda a cantiga:

Se eu podesse desamar
a que[n] me sempre desamou ,
e podess'algún mal buscar
a quen me sempre mal buscou ,
assí me vingaría eu:
     se eu podesse coita dar

     a quen me sempre coita deu !

A fiinda consiste en dous ou tres versos que, despois da última estrofa, recollen o sentido xeral da cantiga. Outros artificios retóricos que abundan na cantiga de amor son: a acumulación polisindética ( o gran vic'e o gran sabor e o gran conforto ); a sinonimia amplificante ( amei e serví ); a hipérbole ( a melhor dona ); a gradación ascendente ( de quantos foron, nen son nen serán ); a anáfora (repeticións, sobre todo, en comezo de verso); a apóstrofe á senhor etc., etc.

As Cantigas de refrán presentan unha maior variedade métrica, porque aínda que predominan tamén as de tres ou catro cobras , o número de versos oscila entre os catro e os sete e os últimos repítense en todas, a modo de estribillo.

IMAXES