As Cantigas de Santa María teñen un valor lingüístico e literario excepcional. Igual que a dos cancioneiros profanos, a súa lingua é o resultado do traballo literario sobre a base do galego falado. Rodrigues Lapa estabeleceu as características fundamentais que a vinculan ao galego actual:
Cantiga CCI. Músicos.
A respecto do léxico, é de salientar que moitas das palabras que aparecen nela son a primeira documentación coñecida do vocabulario galego-portugués, o que fai das Cantigas de Santa María ,igual que das de Escarnio e Maldicer, un documento imprescindíbel para o coñecemento da nosa lingua.