Etapa Medieval
Cantigas de Santa María. Prolongacións da escola trobadoresca
Métrica

Aínda que a métrica das Cantigas de Santa María é moi variada porque os versos oscilan entre as 4 e as 17 sílabas, o verso máis utilizado é o de catorce. En canto ás estruturas estróficas, a máis frecuente é a denominada Virelai ou Zexelesca ,que consiste en dous versos monorrimos (AA) que serven de refrán, máis tres ou catro versos (bbb ou bbaa) seguidos doutro, chamado verso de volta (A), que enlaza de novo co refrán:

Non pode prender nunca morte vergonhosa (A)     
aquele que guarda a Virgen gloriosa.   (A)
Por én, meus amigos, rogo-vos que m'ouçades (b)
un mui gran miragre que quero que saibades (b)
que a Santa Virgen fez, per que entendades (b)
com'aos seus servos é sempre piadosa. ( a)
Non pode prender nunca morte vergonhosa (A)
aquele que guarda a Virgen gloriosa.   (A)

Cantiga CCCXI.  Músicos con albogues.

En menor medida aparecen tamén as estruturas denominadas Rondel e Balada.

IMAXES