A Lei 3/1983, de 15 de Xuño de Normalización Lingüística foi aprobada por unanimidade polo Parlamento Galego. Foi publicada no Diario Oficial de Galiza (DOG) o 14 de xullo de 1983, entrando en vigor o día seguinte (15 de xullo de 1983), ten como obxectivo normalizar a situación do idioma galego tanto na súa situación legal como no seu uso.