I Congreso da Emigración Galega

24/07/1956

Por iniciativa do Consello de Galiza convocouse en Bos Aires en 1956 o Primeiro Congreso da Emigración Galega. O obxectivo era impulsar accións unitarias entre o movemento asociativo de carácter galeguista e antifranquista. Tamén tiña como obxectivo político potenciar un movemento de apoio ao Consello de Galiza, que actuaba como goberno galego no exilio.

O 24 de xullo celebrouse a súa sesión preparatoria no Centro ourensán e foi elixido presidente do Congreso Jesús Canabal, que fora Ministro da República Española no exilio.

Neste congreso participaron distintas personalidades galegas de toda América, entre elas: José Velo Mosquera, representando aos galegos de Venezuela; Francisco Comesaña, Rogelio Rodríguez Bretaña e Marcial Fernández, os de México; Gerardo Álvarez Gallego, os de Cuba; Suárez Picallo, os de Chile; Emilio González López, os Estados Unidos; Lois Tobío, Canabal, Xuan Martínez Castro os galegos do Uruguai.

Integrantes