Proel é a única obra que Amado Carballo publicou en vida. Consta de 35 composicións máis un limiar no que o autor plasma a súa vontade de aunar tradición e renovación sen perder o compromiso coa terra.