Academia Literaria e Artística de Santiago. Entidade fundada en Santiago de Compostela no ano 1840, por Xosé María Pousada Pereira, poeta e xornalista vigués, escritor en galego e castelán, e impulsor da revista de literatura, ciencias e artes, La Aurora de Galicia, así como fundador do xornal Faro de Vigo.
Neste momento, Compostela era o centro cultural da Galiza e o núcleo intelectual do rexurdimento político. Agroman sociedades e entidades de tipo cultural ou recreativo que desenvolven un importante labor de divulgación dos problemas de Galiza en tertulias literarias. A Academia literaria de Santiago, foi un importante foco de irradiación do Provincialismo.