En novembro de 1963 Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Reimundo Patiño, Luís Gonçales Blasco e Xosé Antonio Arjona, integrantes do grupo Brais Pinto de Madrid fundaron a Unión do Povo Galego como partido marxista e nacionalista que se integra no Consello da Mocedade no que acaba por diluírse.
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG