O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega,despois Boletín de la Real Academia Gallega (até 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. O adxectivo ‘’Real’’ úsase desde o número cinco. A finalidade de este boletín é difundir a cultura galega.
Publícase por primeira vez na Coruña o 20 de maio de 1906,aínda que ao principio a intención era que fose editado mensualmente, perdeu o seu carácter periódico. O seu primeiro director foi o Manuel Murguía. Nos comezos colaboraban case exclusivamente os membros da Real Academia Galega.
Entre os anos 1936 e 1942 non houbo publicacións debido a Guerra Civil, despois a publicación do boletín foi bastante irregular, algunhas veces só se publicaba unha vez ao ano.Pouco a pouco, o boletín foi mudando o seu carácter até se converter nun boletín máis científico. Grazas a dixitalización, todos os número están dispoñibles en liña para a consulta.