Palabra formada a partir da combinación das letras doutra. As dúas palabras teñen as mesmas letras mais en orde diferente. É un procedemento moi frecuente na literatura popular
Como exemplo de anagrama temos o título da obra de Alfonso Pexegueiro Seraogna, inversión do topónimo Angoares (Ponteareas), lugar natal do autor e que dá nome ao seu mundo poético.