O Primeiro Congreso da Emigración (24/31 - 7-1956) é o acontecemento máis sobresaliente organizado polo Consello de Galiza, que tiña como obxectivo organizar a nosa emigración.Asistiron cento trinta e pico delegados da diáspora e chegaron colaboracións desde Galiza de homes tan significados como Otero Pedrayo, Cabanillas, Leandro Carré, Ramón Piñeiro ou Carballo Calero. O Congreso, no centenario do Banquete de Conxo, reivindica a memoria galeguista, a vocación do Banquete, e por suposto a lingua galega, única lingua do Congreso. Xosé Neira Vilas, integrante da Comisión Organizadora, ten escrito que naqueles días "Buenos Aires era todo Galicia", na radio, na prensa, no cinema, televisión, paredes do metro ou con carteis polos barrios.