Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I)

2001
poetas_e_narradores_.jpg

A literatura naceu da palabra recitada. 'Poetas e Narradores nas súas voces' é un libro coordinado pola escritora Luisa Castro que editou o Arquivo Sonoro de Galicia. Diferentes xeracións da nosa narrativa e poesía conviven nesta antoloxía de luxo que agora podes ver adaptada á rede. Prepara un café, pon as pantuflas e disponte a recuperar o pracer de escoitar literatura.