Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo

2006
volverlles_a_palabra.jpg

Volverlles a palabra é o intento de lles render unha solidaria e conmovida homenaxe a todas as mulleres e homes que foron represaliados pola ditadura franquista por pensar e vivir libremente nun país que comezaba a nacer.
«Xa non está na nosa man devolverlles a vida, nin liberalos dos anos de prisión, nin impedir aldraxes e calumnias, pero está na nosa man, aínda que tarde, evocar a súa verdadeira voz, facelos falar desde a súa dignidade. [...] O presente volume está, de cheo, nese compromiso: o de “volverlles a palabra” a todos aqueles que non puideron falar e, sobre todo, a aqueles que decidiron falar, pagando, tantas e tantas veces, un duro prezo, o que impuña a barbarie franquista. Conscientes deste compromiso, Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte non repararon en esforzos para que un número importante de voces de hoxe se xuntasen, nesta tribuna da dignidade civil, para “volverlles a palabra” —simbolicamente, cando menos— a miles e miles de homes e de mulleres que, para moitos de nós, están na raíz dos nosos mellores compromisos cívicos.»

XESÚS ALONSO MONTERO, no prólogo do libro