Dicionario de termos literarios

[Palabra, verso etc.] que pode lerse indistintamente de dereita a esquerda e de esquerda a dereita sen que cambie o sentido.

Discurso de exaltación feito públicamente en loanza de alguén ou unha entidade abstracta. Por extensión, o eloxio que se fai formal e solemne, incluído o fúnebre.

Paradoxo é a figura de linguaxe que consiste en empregar palabras que, mesmo opostas no referente ao sentido se funden nun mesmo enunciado.

Repetición de versos nos que se substutúe a palabra rimante por un sinónimo.

Estrofa formada por dous versos que riman entre si

Cantiga en que os protagonistas son un cabaleiro e unha pastora

Alusión a unha persoa ou cousa por medio dun rodeo cando podería designarse máis directa e economicamente.

A personificación, tamén chamada prosopopea, consiste en atribuír calidade de seres animados a seres inanimados, ou calidades propiamente humanas a seres non humanos.

Enténdes por pleonasmo a acumulación supérflua de elementos lingüísticos innecesarios para a comprensión denotativa.

Consiste na repetición dunha palabra con diferentes morfemas flexivos. Tamén se chama políptoto

Consiste en usar o mesmo vocábulo nun enunciado breve en diferentes funcións ou formas gramaticais

 

Acumulación de nexos (conxuncións) nun mesmo verso ou estrofa con valor expresivo.

O pranto é unha cantiga elexíaca por ocasión da morte de alguén, que se homenaxea

A prolepse, tamén chamada antecipación,  é unha figura retórica de pensamento que consiste en adiantar razoamentos que poidan influír sobre o oínte ou o lector, ou que de antemán refuten os seus posibles argumentos adversos.

Figura retórica que consiste en facer falar persoas ausentes ou defuntas, ou en personificar cousas inanimadas ou abstractas. Tamén se pode chamar metagoxe