Dicionario de termos literarios

Figura de omisión consistente no uso dun termo en dúas acepcións simultáneas, polo xeral unha recta e outra figurada, no mesmo contexto. Coñecese tamén cos nomes de antanaclase interna ou zeugma complexo extremo

Un exemplo paradigmático de silepse dentro da literatura galega atópase no poema "Un repoludo gaiteiro", de Rosalía de Castro, no que as palabras 'gaitiña' e 'tocar' adquiren un compoñente sexual implícito, que se advirte máis alá do estrictamente musical:

O símbolo é unha figura retórica que consiste en utilizar un obxecto real para se referir a algo imaxinario ou, simplemente, para evocar outra realidade.

É a fusión entre a terminación vocálica dunha palabra, co inicio tamén vocálico da palabra ou palabras posteriores, para converterse nunha soa sílaba métrica, sempre que poidan pronunciarse nunha soa emisión de voz, de forma fácil e natural

Figura que consiste en expresar unha certa idea mediante unha sucesión de termos, sexan palabras ou sintagmas. Tamén se chama enumeración.

Tropo que consiste na substitución do todo pola parte ou a parte polo todo. É o mesmo que metonimia

A sinérese permite que dúas vogais en hiato no interior de palabra conten como unha única sílaba.

Asociación de elementos que proveñen de distintos dominios sensoriais.

O sirventés é un tipo de composición poética da literatura da literatura medieval que expresa opinións sobre a vida social e ten carácter moral e satírico

Un soneto é unha composición poética de catorce versos hendecasílabos (de once sílabas), dispostos en dous cuartetos e dous tercetos.