Dicionario de termos literarios

Denomínase deste xeito o son desagradábel ou de difícil articulación que resulta da contigüidade de fonemas combinados inharmonicamente.

Trocadillo, xogo de palabras que se produce cando as sílabas dunha ou máis palabras, agrupadas doutro xeito, suxiren un sentido totalmente distinto

Verso ou composición poética en que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema.

Colección de poesía trobadoresca, ás veces con anotacións musicais, compiladas nos séculos XIII e XIV.

Xénero típico da lírica galega medieval, entre os séculos XII a XIV. Pode ser de carácter profano ou relixioso e o texto forma un conxunto coa correspondente notación musical.

Consideramos que dúas ou máis cobras son capdenals se se produce a repetición da mesma palabra ou grupode palabras no inicio do mesmo verso en estrofessucesivas (pode incluir a finda).

O primeiro verso dunha estrofe retoma unha palabra do último verso da estrofe antecedente (se a cantiga for de refrán, estará no refrán)). 

Silencio a xeito de relanzo que se efectúa no interior dun verso, motivado por razóns sintácticas ou pola intención de salientar algún aspecto determinado do mesmo

Na lírica galego-portuguesa é o termo técnico –empregado na Arte de trovar– para designar a estrofa.

É un tropo que consiste en relacionar dous elementos en virtude dunha analoxía entre eles. Normalmente a relación exprésase mediante o nexo como ou coma ou locucións comparativas. Tamén se chama símil.

Denominamos complexión a figura retórica en que están presentes simultaneamente a anáfora e a epífora

Anadiplose continuada en que se retorna en cada verso ou frase á última palabra do anterior.

Consiste na correspondencia dun conxunto de elementos dunha serie coa serie sucesiva por coherencia semántica ou sintáctica dentro dunha mesma estrofa ou poema.