A égloga é un tipo de composición que presenta personaxes procedentes do mundo rural, normalmente pastores, que expresan os seus sentimentos amorosos nun ambiente idílico, coñecido co nome de locus amoenus.
Enténdese por elexía un xénero poético dedicado á lamentación fúnebre.
A elipse implica a omisión dunha ou máis palabras nunha construción sintáctica.
Consiste no desaxuste entre a pausa versal e a pausa morfosintáctica, isto é, na falta de correspondencia entre o período métrico que se denomina verso e a unidade sintáctica
Relación de elementos que integran un conxunto de obxectos, calidades ou accións.
Repetición dunha palabra ao principio e ao final dun verso ou en dous versos correlativos (vid. anadiplose).
Consistente na reiteración dun elemento ao remate de secuencias sucesivas (versos, frases, períodos).
Consiste en engadir novos termos a unha frase ou oración sintacticamente conformada e pechada, introducindo un desenvolvemento de ideas accesorias.
Poema breve e enxeñoso de carácter satírico.
É un substantivo, adxectivo ou expresión que se asocia a un nome para o cualificar. Pode ser aplicado a persoas, divindades, obxectos ou, na taxonomía, para designar a especie dun vexetal ou animal
Reduplicación dunha palabra ou grupo de palabras no inicio, interior ou fin dun enunciado cun contacto inmediato entre os elementos repetidos, é dicir, sen que se interpoña outro termo entre eles.
Epopea ou poema épico é un xénero literario constituído de longos versos que narran historias dun pobo ou dunha nación, envolvendo aventuras, guerras, viaxes, xestos heroicos etc. Normalmente presentan un ton de exaltação, isto é, de valorização de seus heroes e seus feitos.
Versos engadidos ao remate dunha combinación métrica regular, tamén chamados cola.