Dicionario de termos literarios

Palabra formada polas letras iniciais de varias palabras que constitúen unha denominación e se pronuncian como unha palabra normal. É o caso de OMS-Organización mundial de Saúde.

Expresión que encerra un preceito moral ou práctico

Composición poética medieval que describe a contrariedade dos amantes que, despois de pasar a noite xuntos, deben separarse

Representación continuada de termos imaxinaros que se corresponden a termos reais, formando un conxunto global de significación metafórica. Implica, polo tanto,unha sucesión de metáforas.

Reiteración de sons semellantes (consonánticos ou vocálicos) dentro dun mesmo verso ou estrofa.Ten efectos eufónicos ou cacofónicos.

Construción sintáctica en que un membro está unido de maneira incoherente co anterior.

Repetición do final dun verso ao principio do seguinte.

 

Repetición dunha ou máis palabras ao principio de versos sucesivos

Palabra formada a partir da combinación das letras doutra. As dúas palabras teñen as mesmas letras mais en orde diferente. É un procedemento moi frecuente na literatura popular

Atribución de características propias de animais a, principalmente, persoas.

Figura retórica de carácter semántico que consiste na repetición dun mesmo significante asociado a dous significados diferentes

Contraposición de dúas palabras ou frases con significado oposto pero que non afecta á súa coherencia.

Figura de linguaxe consistente na substitución de un nome propio por un epíteto ou cualidade que lle é inherente

Apelación apaixonada dirixida a un ser animado, inanimado, real ou imaxinario.

Supresión de nexos sintácticos, normalmente conxuncións, que adoitan dar a impresión de rapidez ou viveza. Resulta especialmente expresiva nas enumeracións.

 

Tipo de rima que consiste na igualdade de sons vocálicos a partir da última vogal acentuada, en dúas ou máis palabras.

Proceso métrico empregado na poesía trovadoresca segundo o cal os versos se encadean ininterrompidamente uns nos outros até o fin da cantiga.