Os 58 contos ou relatos escollidos polos seus autores e autoras conforman un volume colectivo que expresa, en gran medida, os logros e as novas tendencias da narrativa galega nas dúas últimas décadas do noso século. Xerais pretende, con este libro singular, crear unha nova luz debuxando unha longa liña formada por escritores de discintas xeracións, que propoñen enfoques narrativos diversos e desenvolven preocupacións temáticas plurais. Coa publicación de Unha liña no ceo, os lectores disponen, nun so volume, dunha mostra moi significativa do pulo acadado pola nosa narrativa contemporánea.