A Etapa Contemporánea III
Os premios
Premio Xerais

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros), e xa na segunda edición pasou a un millón de pesetas. A data de entrega adoitaba ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán, ou nos primeiros días do mes na Illa de San Simón ata o ano 2017. En 2018 o acto de entrega dos galardóns adíase ata outubro para facelos coincidir coa publicación das propias obras.

Obras premiadas

    1984: Crime en Compostela ( Carlos González Reigosa ).
    1985: As horas de cartón (Lois Xosé Pereira ).
    1986: No ano do cometa ( Xoán Bernárdez Vilar ).
    1987: Para despois do adeus ( Xosé Ramón Pena ).
    1988: O bosque das antas ( Francisco Xosé Fernández Naval ).
    1989: Galván en Saor ( Darío Xohán Cabana ).
    1990: As baleas de Eduardo Reinoso ( Alfonso Álvarez Cáccamo ).
    1991: Agosto do 36 ( Xosé Fernández Ferreiro ).
    1992: O infortunio da soidade ( Xosé Carlos Caneiro ).
    1993: Neste ano o premio foi declarado deserto
    1994: O cervo na torre ( Darío Xohán Cabana ).
    1995: Unha noite con Carla ( Aníbal Malvar ).
    1996: A velocidade do frío ( Manuel Seixas ).
    1997: Manancial ( Xavier Manteiga ).
    1998: Morning Star ( Xosé Miranda ).
    1999: Pensa nao ( Anxo Angueira ). Entregado en Mondariz-Balneario.
    2000: Expediente Artieda (Luís Rei Núñez). Entregado en Santiago de Compostela.
    2001: Teoría do caos ( Marilar Aleixandre ). Entregado en Ribadeo.
    2002: Concubinas (Inma López Silva ). Entregado en Allariz.
    2003: Casa Skylab ( Santiago Jaureguizar ). Entregado en Betanzos.
    2004: O exiliado e a primavera ( Manuel Veiga Taboada ).
    2005: Herba moura ( Teresa Moure ). Entregado na illa de San Simón.
    2006: Tres segundos de memoria ( Diego Ameixeiras ). Entregado na illa de San Simón.
    2007: Cardume ( Rexina Vega ) Entregado na illa de San Simón.
    2008: O xardín das pedras flotantes ( Lourenzo González, Manuel ).
    2009: Sol de inverno ( Rosa Aneiros ).
    2010: Periferia ( Iolanda Zúñiga ).
    2011: Extramunde ( Xavier Queipo ).
    2012: Tonas de laranxa ( María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón ).
    2013: Cadeas ( Xabier López López ).
    2014: Dende o conflito ( María Reimóndez ).
    2015: De remate ( Héctor Cajaraville ).
    2016: A ira dos mansos ( Manuel Esteban ).
    2017: A arte de trobar ( Santiago Lopo )
    2018: Besta do seu sangue ( Enma Pedreira )